InicioSucesosIdentificado un veciño de Arteixo que está en prisión como autor dun...

Identificado un veciño de Arteixo que está en prisión como autor dun roubo a unha sucursal bancaria en novembro en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo esclareceu o roubo con violencia ocorrido o pasado 3 de novembro na sucursal de Abanca no barrio do Sacro Corazón da capital luguesa. Así, identificaron a un veciño de Arteixo que se atopa actualmente en prisión como autor do mesmo.

Segundo informou a Policía Nacional, o autor dos feitos que foi identificado é un home veciño de Arteixo de 41 anos, que conta con máis de media ducia de detencións polos mesmos feitos.

Os feitos sucederon a última hora da mañá do día 3 de novembro, cando o asaltante entrou na entidade bancaria coa cabeza semicubierta cun gorro, máscara e luvas, que lle cubrían parte das mans.

Segundo o relato policial, achegouse ao mostrador e, tras deixar uns papeis que levaba na man encima, mostrou unha pistola que tiña oculta na cintura. A Policía indica que, segundo todos os indicios, “era simulada”, e con ela ameazou aos empregados para que lle entregasen o diñeiro. Así, procedeu a introducir as moedas nunha mochila que portaba sobre o ombreiro e os billetes no peto do pantalón.

Unha vez marchou do lugar, avisaron á Policía Nacional. Tanto os funcionarios encargados da investigación, como os integrantes de Policía Científica, destacaron “a importancia” de realizar as actuacións “coa maior prema posible, para evitar a contaminación das probas”.

Froito diso, tras contrastar información sobre esta mesma tipoloxía delituosa coa Garda Civil, e unha vez visionadas todas as imaxes, tomadas as declaracións en sede policial, así como realizadas as dilixencias, os investigadores puideron identificar o autor do roubo con violencia, o cal se atopa actualmente en prisión.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...