Denuncian un conductor por tirar unha bolsa de plástico con cocaína desde o seu vehículo

A Policía Local realizou acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por tenencia ou consumo de drogas na vía pública.

Efectivos da Policía Local / CLM24

A Policía Local de Lugo denunciou a un condutor por tenencia ou consumo de drogas na vía pública tras lanzar polo portelo do vehículo unha bolsa de plástico con cocaína.

Segundo informou a Policía Local, durante a noite do sábado ao domingo ás 2,45 horas unha patrulla de Policía de Barrio observou un vehículo que circulaba pola Praza de Augas Férreas sen iluminación, polo que procedeu a darlle o alto.

Nese momento, o condutor lanzou polo portelo un envoltorio plástico, o cal foi inmediatamente localizado, indican as mesmas fontes policiais, e recolleito polos axentes.

Os policías constataron que se trataba dunha bolsa plástica que contiña unha sustancia en po de cor branca, “presumiblemente cocaína”, destaca a Policía Local, polo que se procedeu á súa incautación.

Por iso, a Policía Local realizou acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por tenencia ou consumo de drogas na vía pública.