InicioLugo e contornaLugoSancionados con 500 euros seis mozos de Lugo por reunirse na rúa...

Sancionados con 500 euros seis mozos de Lugo por reunirse na rúa ás 4 da mañá

Non eran conviventes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou e propuxo para sanción de 500 euros a seis mozos non convivientes por reunirse na rúa pasadas as 4,00 horas a pesar de estar limitado entre as 3,00 e as 6,00 horas soamente a convivientes no marco das medidas establecidas en Galicia pola pandemia da Covid-19.

Segundo informou a Policía Local, ás 4,15 horas deste 12 de xaneiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno detectou na rúa Armórica unha reunión de seis novos non convivientes. Por iso, estas persoas foron identificadas e propostas para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia, posto que desde o pasado 31 de decembro entre as 3,00 e as 6,00 horas a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos está limitada a convivientes. A Policía Local lembra que este incumprimento leva multas de 500 euros para cada un dos mozos denunciados.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...