InicioSucesosDetida unha parella en Lugo por malos tratos mutuos tras pelexarse nun...

Detida unha parella en Lugo por malos tratos mutuos tras pelexarse nun vehículo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a unha parella por un delito de malos tratos tras agredirse no marco dunha pelexa nun vehículo estacionado.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 19,55 horas deste pasado 1 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi enviada pola Sala do 092 para acudir á Rolda da Muralla porque se producía unha pelexa entre un home e unha muller no interior dun vehículo estacionado.

Segundo informou a Policía Local, axentes acudiron de inmediato e acharon a un home no lado do condutor e a unha muller fóra do vehículo. Ao entrevistarse por separado con ambos, manifestaron que son parella e presentaban “signos de embriaguez”, matizaron as mesmas fontes municipais.

A moza indicou que mantiveran unha “forte discusión”, apunta a Policía Local, e presentaba varios arañazos na cara. Inicialmente dixo que llas fixo o seu can, pero mostrouse “esquiva e pouco colaboradora cos axentes”, abundou.

O home manifestou, polo seu lado, que cando ía coa súa parella no turismo empezaron “unha forte discusión” e tivo que estacionar o vehículo, debido a que ela o agrediu. A Policía Local apuntou que presentaba na cara “varios arañazos” e negou que agredise á moza.

Os axentes identificaron a varias testemuñas que manifestaron que a parella “se pelexaba e zarandeaba mutuamente“, matiza a Policía Local, e que nun momento dado o home saíu do vehículo e tentou sacar á muller do mesmo “á forza”, engade.

Os axentes procederon a trasladar á parella a dependencias policiais en calidade de detidos por un suposto delito de malos tratos. Ambos rexeitaron asistencia facultativa e instruíronse dilixencias para o xulgado.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...