InicioSucesosIdentificadas tres mulleres dunha banda itinerante dedicada a roubos en domicilios que...

Identificadas tres mulleres dunha banda itinerante dedicada a roubos en domicilios que actuou nas catro provincias

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados co patrimonio, localizaron e identificaron a tres mulleres estranxeiras dunha banda itinerante que perpetraron varios roubos con forza na cidade e en distintas localidades das catro provincias de Galicia.

Así o informou a Policía Nacional, que indicou que a investigación comezou despois da denuncia presentada nas dependencias da Comisaría Provincial de Lugo por parte dun cidadán que fora victima dun roubo con forza no seu domicilio, onde levaron un botín próximo aos 8.000 euros.

Os investigadores iniciaron as pescudas para ao esclarecemento dos feitos e, despois de realizadas dilixencias e analizadas as imaxes obtidas na zona, puxéronse en contacto con outras comisarías da Policía Nacional, por se se puidese tratar dunha banda itinerante.

Froito destes contactos estableceuse relación con outros roubos perpetrados en distintas vivendas da Comunidade autónoma en Vigo, Ourense e A Coruña, co que os investigadores determinaron que se trataba dunha banda itinerante que se dedica a esta actividade ilícita.

“Xa que actúan en grupo, portando diferentes obxectos que lles permiten abrir as portas dos domicilios, sen a utilización da forza, ou pequenas ferramentas para violentar as fechaduras, á vez que outra das integrantes da banda realiza os labores de vixilancia da zona, por se aparecen propietarios, veciños ou os integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade”, explicala Policía.

De todo iso informouse ao xulgado de garda, á vez que se estableceu unha orde de localización procura e detención.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...