InicioTerra CháMurasEvacuado un operario tras sufrir un accidente nunha fábrica de Muras

Evacuado un operario tras sufrir un accidente nunha fábrica de Muras

Viuse golpeado nas costas por unha máquina.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un traballador necesitou ser trasladado despois de sufrir un accidente cunha máquina este mércores nunha fábrica do concello lucense de Muras. Segundo informou o 112, foi un particular quen, poucos minutos despois das 11,00 horas, chamou ao servizo de emerxencias para solicitar asistencia médica para o operario, que acababa de ser golpeado nas costas por unha máquina.

O feito tivo lugar nunha nave da Rúa de José Ferro Rodeiro para onde os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertaron ao persoal sanitario e aos axentes da Garda Civil. A pesar de que os servizos médicos comunicáronlle ao 112 a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, para o punto, finalmente indicaron que o ferido foi trasladado en ambulancia.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...