InicioSucesosTrasladan unha muller de 84 anos tras envorcar co coche no centro...

Trasladan unha muller de 84 anos tras envorcar co coche no centro de Lugo

O vehículo chocou contra outros que estaban aparcados nas marxes da Avenida da Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 84 anos de idade tivo que ser trasladada ferida ata un hospital despois de sufrir un accidente de tráfico que deixou o seu coche envorcado no centro de Lugo. En concreto, segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, o sinistro ocorreu á altura do número 120 da Avenida da Coruña, ao redor das 10,10 horas deste domingo.

Nese momento, varias persoas contactaron coa central de emerxencias para alertar de que un coche envorcara despois de chocar contra outros que estaban aparcados nas marxes da estrada. Ademais, os alertantas indicaban que podía haber xente con dificultade para saír.

Deste xeito, o 112 avisou aos bombeiros de Lugo, que se desprazaron ata o lugar e liberaron –sen empregar material de excarceración– á anciá, que tiña problemas para abandonar o coche porque aínda tiña posto o cinto. Tamén foron avisados a Policía Local e Urxencias Sanitarias-061, que trasladaron á octoxenaria ata o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), segundo indican fontes do operativo.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...