InicioSucesosInvestigan un posible caso de violencia de xénero en Lugo

Investigan un posible caso de violencia de xénero en Lugo

Unha muller chamou á Policía Local asegurando que a súa parella impedíalle ir ver ao seu fillo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interviñeron o martes nun posible caso de violencia de xénero, segundo informa no seu parte de incidencias.

En concreto, ás 18,10 horas, unha patrulla de Policía de Barrio trasladouse a unha vivenda da rúa Cidade de Viveiro, ante o aviso dun posible caso de violencia de xénero recibido pola Sala do 092.

Unha vez no lugar, os policías entrevistáronse cunha muller, de 31 anos, que lles indicou que, cando informou á súa parella actual que ía visitar ao seu fillo e ao pai deste, o home enfadouse, quitoulle as chaves do domicilio que comparten, non podendo acceder ao mesmo, e tiroulle a roupa que tiña nas maletas.

O home foi localizado polos axentes nas inmediacións do edificio, negando o relatado pola muller e indicando que foi ela quen sacase a roupa da maleta para buscar as chaves de casa. Os axentes, aínda que a muller non quixo realizar ningún tipo de denuncia, iniciaron dilixencias para tratar de determinar como ocorresen os feitos.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...