Estabilizan un incendio en Guitiriz durante a mañá deste domingo

Bombeiros traballan para sufocar un incendio / arquivo

O incendio forestal, que comezaría ás 11,28 horas deste domingo na parroquia de Pedrafita, no concello de Guitiriz, quedou estabilizado ao redor das 12,46 horas.

Segundo fontes da Consellería de Medio Rural, afectou un total de 0,3 hectáreas. Para o control do lume empregouse un axente, cinco brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.