InicioSucesosEstabilizado o incendio en Negueira de Muñiz que afectou 24 hectáreas

Estabilizado o incendio en Negueira de Muñiz que afectou 24 hectáreas

Iniciouse ás dúas da mañá deste sábado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concello de Negueira de Muñiz rexistrou un incendio forestal, xa estabilizado, que queimou unhas 24 hectáreas, segundo informa a Consellería de Medio Rural. O lume, en concreto, segundo a información do departamento autonómico, localizouse na parroquia de San Pedro de Ernes. No seu control participaron tres axentes, once brigadas, catro motobombas, dúas pas, un tractor, tres helicópteros e dous avións.

Na provincia veciña, Ourense, rexistráronse dous incendios que levan arrasadas 27 hectáreas no concello de Padrende. Un deles está estabilizado e o outro baixo control.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...