InicioLugo e contornaPor que disparou un mozo de 26 anos nas festas de Bonxe?

Por que disparou un mozo de 26 anos nas festas de Bonxe?

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na madrugada do pasado domingo, un mozo de 26 anos sementou o pánico nas festas de Bonxe, en Outeiro de Rei. As tres da mañá aparecía no torreiro da festa armado cunha escopeta de cano recortado. “Estaba moi agresivo e disparou dous tiros”, contan testemuñas presencias.

Segundo relatan, o motivo do seu enfado foi unha discusión que tivera minutos antes con outras persoas presentes na festa. Tras a discusión marchou para casa a buscar a escopeta.

Tras os disparos, a xente comezou a correr ocultandose onde podía. Tamén o autor do disparo decidiu ocultarse ao chegar ata catro patrullas da Garda Civil. Primeiro agachou a escopeta no seu coche, tirou as chaves e escondeuse detrás doutro vehículo.

Aínda así, os axentes lograron finalmente detelo e atopar as chaves do seu coche para, a continuación, requisar a arma. O detido foi para o calabozos da comandancia de Lugo.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...