InicioSucesosDetido en Lugo un veciño da Coruña buscado por cinco xulgados

Detido en Lugo un veciño da Coruña buscado por cinco xulgados

O arrestado é un home de 40 anos buscado pola Xustiza con cinco requisitorias dos anos 2015 a 2018 de xulgados de Lugo, Tarragona e A Coruña, puntualiza a Policía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas, detiveron na capital luguesa a un home prófugo veciño da Coruña por ter cinco requisitorias de diferentes xulgados.

Segundo informou a Policía Nacional, o home era buscado por cinco xulgados distintos e impútanselle catro delitos diferentes e unha investigación de domicilio.

O arrestado é un home de 40 anos buscado pola Xustiza con cinco requisitorias dos anos 2015 a 2018 de xulgados de Lugo, Tarragona e A Coruña, puntualiza a Policía.

En concreto, a este individuo impútanselle delitos como roubo con violencia, roubo con forza nas cousas, tráfico de drogas e atentado a axente da autoridade. Froito de todo iso ingresou en prisión por orde da autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...