InicioTerra CháA PastorizaPiden 12 anos de cadea a un home por queimar un alpendre...

Piden 12 anos de cadea a un home por queimar un alpendre anexo a unha vivenda

Dentro da vivenda estaban un pai e o seu fillo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulga este martes e mércores, 11 e 12 de maio, a un home acusado de intento de homicidio por prender lume a un alpendre na Pastoriza, o cal estaba pegado a unha vivenda na que durmían un pai e o seu fillo.

Este caso, que procede do Xulgado de Instrución número de Mondoñedo, remóntase á noite do 4 de xuño de 2017. Segundo o escrito de acusación do fiscal, entre as 00,30 e 1,00 horas, o acusado prendeu lume ao alpendre a propósito de que esa familia, coa que mantén unha “mala” relación, estaba durmindo.

De feito, unha das vítimas interpuxera varias denuncias ante o Seprona contra o procesado, ademais de rexistrarse algúns incidentes co fillo do acusado.

“Dada a veciñanza, o procesado era perfecto coñecedor da localización do domicilio” de pai e fillo, “e os anexos deste, das persoas que alí residían, así como dos elementos que podía haber na explotación”, sostén a fiscalía.

Segundo este relato, tras atravesar unha leira que separa ambos os domicilios, o acusado rompeu os cristais de varias xanelas do alpendre e asperxeu varios puntos con algún líquido inflamable. Acto seguido, prendeu un lume que “se propagou con rapidez polo alpendre causando grandes danos”.

DANOS

O fiscal sostén que o home era coñecedor non só de que o alpendre era lindeiro á vivenda, senón de que “contiña elementos altamente inflamables como pacas de herba e un tractor cos seus compoñentes e combustible”.

O lume provocou danos de preto de 23.000 euros entre a suma da palla destruída, un tractor John Deere cos seus apeiros, unha escaleira de madeira, uns aumentos de remolque e uns postes de piñeiro. Así, a acusación pide que se indemnice aos afectados esta cantidade, así como case 3.000 euros aos bombeiros de Vilalba polo traballo de extinción.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...