InicioSucesosSusto e sorpresa tras o botín de 30.000 euros que levaron os...

Susto e sorpresa tras o botín de 30.000 euros que levaron os ladróns do banco da Pastoriza

Os ladróns utilizaron explosivo para cometer o roubo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os ladróns que o pasado sábado atracaron un caixeiro automático de Caixa Rural no municipio lucense da Pastoriza, que rebentaron cunha explosión, fixéronse cun botín de 30.000 euros, segundo cifrou o rexedor, Primitivo Igrexas.

O alcalde admitiu que no concello seguen “sobresaltados” e “moi sorprendidos” polo ocorrido, á vez que chamou a atención polo feito de que o caixeiro se rebentase “nun lugar tan céntrico e á beira do centro de saúde“. “Sorprendeunos a todos os veciños, porque isto é algo que non se espera”, confesou.

Primitivo Iglesias calcula que levaron “ao redor dos 30.000 euros”, á vez que puntualiza que “non” se produciron danos en infraestruturas do concello, pero si que “son cuantiosos” os danos ocasionados na oficina bancaria.

O consistorio, engadiu, vai dar “facilidades” para que se acometan as obras de restauración da sucursal de Caixa Rural. “Desde o concello avisóuselles de que poden ir empezando cando queiran, aínda que despois presenten os papeis regulamentarios, pero isto é unha cousa de urxencia e pómonos á súa disposición para que se solucionen estes defectos estruturais, dado que tamén temos unha parede que pode caer á rúa”, subliñou. En canto aos danos, Primitivo Iglesias deixa caer que “haberá que esperar a que se empece cos labores de rebo”, que se iniciarán ao longo deste luns.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...