InicioSucesosDetidos cinco mozos e unha menor por un roubo con forza nunha...

Detidos cinco mozos e unha menor por un roubo con forza nunha vivenda en Lugo

A dous dos arrestados intervéuselles cocaína e marihuana, mentres a menor e a súa nai son investigadas por suposta usurpación do estado civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a cinco mozos, dúas mulleres e tres homes de idades comprendidas entre os 18 e 24 anos, ademais dunha menor, por un delito de roubo con forza nunha vivenda. Así o informou a Policía Nacional, que relatou que os feitos ocorreron na mañá deste pasado luns na Rúa Nova, cando un veciño alertou da presenza de “persoas estrañas a unha vivenda” e escoitou “ruídos en forma de golpes”, engadiu.

Por este motivo personáronse no lugar dúas dotacións de Radiopatrullas que localizaron no segundo piso do inmoble ás dúas mulleres, as cales non deron “explicación ningunha da súa presenza no lugar”, destaca a Policía. Ao tempo, os axentes comprobaron que a porta de entrada estaba forzada “mediante a utilización dunha palanqueta ou desaparafusador”.

Ademais, os policías constataron que desde ese piso, os tres homes accederan ao inferior, “descolgándose pola galería e accedendo a el desde a xanela da cociña”, indica a Policía. Dentro deste verificaron que “estaban embalados e preparados para ser trasladados aveños do inmoble”, concretan as mesmas fontes, que segundo manifestacións posteriores do propietario, se atopaban situadas e distribuídas polo interior do piso.

Por este motivo procedeuse á detención dos autores dun delito de roubo con forza e foron trasladados a dependencias policiais para realizar o atestado, que será remitido ao xulgado xunto cos detidos unha vez finalicen todas as dilixencias.

USURPACIÓN DE ESTADO CIVIL

A Policía Nacional destacou, así mesmo, que a menor detida, unha vez ouvida en declaración, foi entregada aos seus titores legais e aberta unha investigación por unha posible usurpación do estado civil, xa que a Policía “está a comprobar se os datos achegados son os correctos”. Respecto diso, a Policía ratifica que a menor detida xunto coa súa proxenitora “están a ser investigadas por un posible delito de usurpación de estado civil”.

Tamén nesta intervención policial, a Policía resalta a recuperación dun terminal de telefonía móbil a un dos detidos, o cal figuraba como subtraído, e a realización de dúas actas de intervención de sustancias estupefacientes a dous dos arrestados por posesión de cocaína e marihuana.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...