InicioSucesosDetido un mozo de Rábade tras tentar enterrar heroína nunhas matogueiras da...

Detido un mozo de Rábade tras tentar enterrar heroína nunhas matogueiras da autovía

O suposto autor dun delito de tráfico de drogas parou o seu vehículo na AG-64 a uns dous quilómetros dun control da Garda Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco dun control de estrada no termo municipal de Vilalba, detivo a un veciño da localidade de Rábade de 29 anos como presunto autor dun delito de tráfico de drogas tras esconder un paquete con heroína nunhas matogueiras.

Segundo relatou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar na vía AG-64 (Vilalba-Ferrol), cando o presunto autor detivo o seu vehículo “uns dous quilómetros antes do punto de identificación”. Ante esta “inusual actuación”, os axentes aproximáronse para comprobar o porqué da parada e descubriron unha persoa entre unhas matogueiras pegadas á autovía. Nas inmediacións, observaron “terra movida”.

Alí acharon un paquete de plástico enterrado superficialmente e en cuxo interior se vía unha substancia de cor branca-amarelada. A substancia intervida, cun peso de 80 gramos, “é supostamente heroína”, destacou a Benemérita, que ratificou que a persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...