Falece un home tras quedar atrapado baixo o tractor que manexaba en Pedrafita

O vehículo envorcou cando a vítima realizaba labores agrícolas en Barxamaior.

Emerxencias 112 Galicia | ALX

Un home faleceu este luns tras quedar atrapado baixo o tractor que manexaba en Pedrafita do Cebreiro.

A vítima atopábase manexando o vehículo agrícola no lugar de Barxamaior. Nun momento dado, o tractor envorcou e o condutor quedou atrapado debaixo da maquinaria.

O 112 recibiu o aviso do 061 sobre as 16:20 horas mais, a pesar dos esforzos do persoal sanitario, nada se puido facer por salvarlle a vida. Doutra banda, o servizo de Emerxencias informou do ocorrido aos Bombeiros de Sarria, aos membros do GES de Becerreá e á Garda Civil.