InicioSucesosAtopan máis de vinte clientes no interior dun bar de Guitiriz o...

Atopan máis de vinte clientes no interior dun bar de Guitiriz o día antes de suavizarse as restricións

As medidas que rexían no municipio limitaban a actividade hostaleira ás terrazas, así como as reunións de non conviventes a un máximo de catro persoas. Cinco dos infractores vulneraran o peche perimetral ao desprazarse dende concellos coruñeses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil propuxo para sanción na tarde do pasado sábado a un establecemento hostaleiro de Guitiriz en cuxo interior había máis de vinte persoas consumindo bebidas sen respectar as restricións máximas que ata daquela rexían no municipio.

Alleos ao peche perimetral e á prohibición de apertura no interior de bares —medidas que se relaxaron en Guitiriz da madrugada do sábado para o domingo—, foron sorprendidos por axentes da Garda Civil. Non era a primeira vez que este local incumpría a normativa da Lei de Saúde de Galicia, pois xa fora denunciado no mes de xaneiro por feitos similares.

Nesta ocasión, os axentes comprobaron que había un home tomando un café na barra mentres conversaba coa camareira, ademais doutros cinco clientes que consumían bebidas espirituosas a carón da barra. A sorpresa foi maiúscula ao inspeccionar a terraza traseira, onde atoparon dúas mesas ocupadas con 16 persoas non conviventes, os cales estaban sen máscara e sen manter a distancia de seguridade.

Tras a identificación dos infractores, sóubose que cinco deles vulneraran tamén o peche perimetral que rexía daquela en Guitiriz. Proviñan do concello de Carral, Monfero, Cerceda, Ordes e A Coruña. Ademais, tamén se identificou un mozo de 19 anos de nacionalidade dominicana que se atopa en situación irregular en España.

Segundo o relato da Benemérita, “a anécdota da xornada protagonizárona ás 18:00 horas, hora de peche do local, catro clientes da terraza”, que lle preguntaron aos axentes: “Podemos tomarlle outra? A última”.

A inspección rematou con proposta de sanción de ata 60.000 euros para o establecemento, e de entre 100 e 3.000 para os clientes.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...