InicioSucesosPreséntase na comisaría de Lugo para autoinculparse de dous roubos con forza

Preséntase na comisaría de Lugo para autoinculparse de dous roubos con forza

Sustraera diversos obxectos de dous vehículos estacionados nun garaxe da Avenida da Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron un veciño de Lugo de 31 anos que se presentou na Oficina de Denuncias e Atención ao Cidadán para inculparse do roubo con forza en dous vehículos que estaban estacionados nun garaxe, preto dun establecemento comercial na Avenida da Coruña.

Ao escoitar o relato deste home, os funcionarios de servizo relacionaron de inmediato o que lles estaba contando coa chamada dun particular que pouco antes se puxera en contacto coa Comisaría de Lugo para denunciar que lle roubaran varios obxectos do interior do seu turismo, que estaba aparcado no garaxe, tras romper unha das portas do vehículo.

Unha patrulla da Policía Nacional desprazouse ao lugar indicado e comprobou que, efectivamente, alguén perpetrara dous roubos con forza no interior doutros tantos vehículos no mesmo garaxe, tal e como confesara o home que se autoinculpou en comisaría.

Así mesmo, os funcionarios comprobaron que os obxectos que tiña o sospeitoso no seu poder coincidían, efectivamente, con aqueles que os propietarios dos turismos botaran a faltar: un teléfono móbil, unha navalla e outros efectos sen valor.

Por iso, o home foi inmediatamente detido e este xoves pasará a disposición xudicial como investigado por un suposto delito de roubo con forza. EFE

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...