InicioSucesosDesarticulan unha rede de tráfico de cocaína cuxo centro estaba nun domicilio...

Desarticulan unha rede de tráfico de cocaína cuxo centro estaba nun domicilio de Vilalba

A Garda Civil detivo unha parella como responsable dos feitos ao comercializar coa droga polo miúdo. Ata o lugar desprazábanse mozos de distintas localidades a pesar das restricións de mobilidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo desarticulou unha rede de tráfico de cocaína tras a detención dunha parella que se dedicaba á venda polo miúdo nun domicilio de Vilalba.

Segundo informou o Instituto Armado,  a chamada ‘Operación Korsun’ iniciouse tras ter coñecemento de que se constituíu un punto de venda de estupefacientes nun domicilio desta localidade da Terra Chá, ao cal acudían mozos de distintos lugares a pesar das restricións de mobilidades.

Froito da investigación efectuada, a Garda Civil procedeu á detención dun veciño de Vilalba de 52 anos de idade e da súa parella de 27 anos. Os investigadores acreditaron a participación de ambos na distribución de cocaína polo miúdo entre mozas da localidade e limítrofes, algún deles que estiveran ou estaban en procesos de deshabituación.

Os detidos en relación con estes feitos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba, que dirixe a investigación.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...