InicioA UlloaUnha operación antidroga que comezou o pasado ano deixa oito detidos en...

Unha operación antidroga que comezou o pasado ano deixa oito detidos en Lugo

Encargábanse de distribuír droga por toda a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a catro homes e unha muller, de idades comprendidas entre os 26 anos e os 40 da muller, todos con antecedentes e residentes en Santiago de Compostela, Arzúa e A Coruña, no marco dunha operación antidroga que finalizou con oito arrestos.

Segundo informou a Policía Nacional, con estas detencións dáse por finalizada a operación antidroga que se iniciou a finais do ano pasado e levou á detención de tres homes na localidade de Monterroso por tráfico de drogas, que se encargaban da distribución de marihuana e éxtase pola provincia.

Nese operativo habíanse incautado máis de medio quilogramo de marihuana, case doce gramos de MDMA (éxtases), 40 gramos de Speed, ademais dunha plantación de 38 plantas de marihuana e sementes. Froito desas detencións e dos datos obtidos, a Policía puido determinar que as sustancias que este tres detidos puñan no mercado proviñan das persoas que agora foron arrestadas.

En concreto, as mesmas fontes policiais indicaron que estas persoas agora detidas encargábanse de introducir as sustancias na Comunidade galega e facer a distribución a estes vendedores polo miúdo.

FUNCIÓN

A investigación prolongouse no tempo xa que, puntualiza a Policía, “ao tratarse dun numero amplo de persoas, require un traballo minucioso realizar todas as conexións entre eles para determinar cal é o grao de participación de cada un e a súa función na trama”. Tamén a Policía incidiu en que todos eles coñecedores da súa actividade ilícita e da posible investigación policial sobre esta, ocultaban os seus domicilios, “utilizando os dos seus familiares e amigos en cuestións ordinarias, o que leva maiores dificultades”, destacaron as mesmas fontes.

Así, os investigadores constataron que cada un dos detidos “é provedor dun ou dous tipos de sustancias estupefacientes, aos pequenos traficantes”, que o distribúen entre os compradores. Os implicados distribuían a droga para toda Galicia.

As detencións realizáronse en Lugo e Santiago de Compostela, e todas as actuacións foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución da localidade lucense de Chantada. Os arrestados quedaron en liberdade á espera de xuízo.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...