InicioSucesosPetición de nove anos a un home por abusar sexualmente de maneira...

Petición de nove anos a un home por abusar sexualmente de maneira repetida da súa filla discapacitada

Segundo o escrito do ministerio público, o home convivía na provincia de Lugo xunto á súa filla e a súa esposa, ambas as dúas discapacitadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 18, a un home acusado de abusar sexualmente de maneira repetida da súa filla discapacitada, da que tiña a patria potestade. Fiscalía pide para el nove anos de cárcere.

Segundo o escrito do ministerio público, o home convivía na provincia de Lugo xunto á súa filla e a súa esposa, ambas as dúas discapacitadas. En datas non determinadas, pero “en múltiples ocasións” desde a maioría de idade da vítima, o acusado abusou sexualmente dela aproveitándose da súa superioridade como pai e da discapacidade da moza.

O 23 de xaneiro de 2018, mentres estaban no domicilio familiar, o home volveu violar á súa filla, que conseguiu escapar do domicilio e pedir axuda a un familiar.

O fiscal considera os feitos constitutivos dun delito de abusos sexuais continuados con prevalemento dunha relación de parentesco, polo que pide para o acusado nove anos de cárcere e 16 de afastamento da súa vítima, así como unha liberdade vixiada durante oito anos tras a condena. Finalmente, reclama que abone ao Sergas gastos sanitarios e unha indemnización de 3.000 euros para a moza.

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...