InicioSucesosReclaman case 400 millóns ao "cártel do leite" por incumprir pagos e...

Reclaman case 400 millóns ao “cártel do leite” por incumprir pagos e pactar prezos

“Os 900 gandeiros que se uniron á demanda contra o cártel do leite contan en total con ao redor de 72.000 vacas en toda España, aínda que principalmente en Galicia e Asturias, e sobre todo na provincia de Lugo”, declaran os avogados dos gandeiros.

PUBLICADA O

Dous despachos de avogados informaron de que lle reclaman ás empresas do coñecido como “ cártel do leite”’ máis de 375 millóns de euros que, supostamente, deixaron de pagarlles por pactar os prezos entre elas, a máis de 900 gandeiros que confiaron neles para realizar a demanda.
En total, “os 900 gandeiros que se uniron á demanda contra o cártel do leite contan en total con ao redor de 72.000 vacas en toda España, aínda que principalmente en Galicia e Asturias, e sobre todo na provincia de Lugo”, precisan ambos os despachos nun comunicado.

EN CIFRAS

A demanda foi formulada sobre o 10 % do prezo total de venda de máis de 12.000 millóns de litros de leite, dado que se estima que ese era a porcentaxe de “rebaixa no prezo”, acordado “de forma irregular polas empresas implicadas no cártel do leite”. Segundo os datos que manexan ambas as firmas, “unha explotación gandeira dunhas 100 vacas podería recuperar ao redor de 315.000 euros”, sempre que estivese vendéndolle o leite “a algunha das empresas implicadas no cártel” e “durante os 10 anos que durou a fraude”.
Ademais, segundo os avogados, “a esa cantidade habería que engadir os intereses legais a computar desde cada subministración, co que, tendo en conta que o cártel comezou a funcionar no ano 2000, poderíase estar a falar de intereses acumulados de ao redor dun 80 %, o cal podería case dobrar a indemnización, dependendo do caso concreto”. Isto significa que, nalgúns casos, os produtores afectados poderían recuperar “ata 600.000 euros, unha cantidade nada desdeñable, sobre todo agora que a crise pon aos gandeiros de novo en dificultades”, precisan.
Para Juan Camacho, socio de Balms Avogados, “o cártel tivo un claro efecto negativo nos prezos abonados polo leite” e estaría detrás da desaparición dun bo número de explotacións”. De feito, os avogados que levan a demanda cuantifican o efecto negativo sobre a conta de resultados das granxas nuns 3 céntimos de euro por cada litro de leite vendido a esas empresas.
“Só hai que lembrar que o número de gandeiros en España a día de hoxe rolda os 13.000, cando hai 5 anos roldaba os 17.000, o que supón unha caída de máis dun 20 % nun curto período de tempo”, sinala Camacho.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...