InicioSucesosUn mozo detido e outro en busca policial por roubar no IES...

Un mozo detido e outro en busca policial por roubar no IES Sanxillao

Os supostos autores do delito escaparon cara á zona do río Rato, sen que se puidese localizar polo momento a un dos participantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron un mozo de 19 anos, veciño deste municipio e sen antecedentes, como autor dun delito de roubo con forza nun instituto da capital luguesa, mentres que buscan un segundo mozo pola súa participación.

Así o informou a Policía Nacional, que relatou que os feitos ocorreron na madrugada deste luns pasado, sobre as 2:00 horas, cando unha chamada da central de alarmas advertiu ao 091 dun aviso na aula de música do IES Sanxillao.

Por iso, axentes en servizo puxéronse en marcha. O primeiro en chegar entrevistouse co conserxe do centro, quen lles manifestou ver a dous mozos que saían desa aula “correndo polo corredor e saltando o muro exterior en dirección ao Río Rato”, destacou a Policía.

Unha vez comunicados estes datos aos demais vehículos policiais estableceuse un dispositivo de peche e control da zona, que levou á localización dos dous mozos ocultos tras unhas árbores a beira do río. Déuselles o alto e eles saíron á carreira en direccións opostas. A un deles perdérono de vista, pero o outro foi alcanzado e trasladado a dependencias policiais.

Ao detido tamén lle imputan un delito de resistencia e desobediencia aos axentes da autoridade, ao tempo que se lle impuxo unha sanción por levar sustancias estupefacientes e outra por incumprimento do Estado de Alarma debido á pandemia pola Covid -hai en vigor toque de queda entre as 22,00 e as 6,00 horas-.

ÚLTIMAS

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de...