Investigada unha veciña de Lugo por tirar once cadelos ao colector do lixo

Soamente sobreviviu un deles, recollido pola Protectora de Lugo.

Algúns dos dez cadeliños falecidos e conservados en estado de conxelación | ALX

A Garda Civil imputa en calidade de investigada a unha veciña de Lugo como suposta autora dun delito de malos tratos animais por presuntamente tirar once cadelos nun colector do lixo.

Segundo fontes da Garda Civil, a protectora de Lugo recolleu en maio do ano pasado once cadelos que naceran había pouco tempo. Soamente un deles sobreviviu logo de ser lanzados dentro dun saco ao interior dun colector de lixo no termo municipal de Lugo.

Tras iso, iniciáronse varias liñas de investigación para localizar o responsable dos feitos, proceso durante o que destacan a colaboración da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo. Deuse cunha cadela que aparentemente acababa de parir e realizóuselle unha mostra de material xenético e unha posterior análise comparativa de ADN que confirmou a compatibilidade e relación materno-filial da cadela co canciño sobrevivente.

Así pois, a dona da cadela foi imputada por un delito de malos tratos animais e os feitos foron comunicados á autoridade xudicial e á fiscalía de Lugo. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here