Queda en liberdade o home que acoitelou o seu compañeiro de piso en Lugo

Será investigado por un delito de lesións e o xulgado dá oficio á Xunta por se quere solicitar algunha medida para o presunto autor dos feitos, xa que está incapacitado

Xulgados | Arquivo

O home detido na mañá do luns por acoitelar o seu compañeiro de piso en Lugo pasou no mediodía deste martes a disposición da xustiza, que o deixou en liberdade pero investigado por un delito de lesións.

Así o confirman a Europa Press fontes xudiciais, que explican que o xulgado deu oficio á Xunta e á Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga) -dependente da Consellería de Política Social- por se queren solicitar algunha outra medida para o presunto autor dos feitos, xa que “está incapacitado”.

O xulgado tamén impuxo ao home a prohibición de que se aproxime a menos de 300 metros ou de que se comunique coa vítima por calquera medio durante os próximos seis meses.