A Policía Local de Lugo levantou este pasado fin de semana unha acta de denuncia contra un local de hostalaría que duplicaba a capacidade máxima permitida segundo as restricións para evitar a propagación da covid-19.
Segundo informaron os axentes, o local, situado no Carril dos Loureiros, tiña no seu interior 24 persoas, cando a capacidade máxima do establecemento é de 22 e, a causa das restricións, unicamente podería haber once persoas.
Durante a fin de semana, así mesmo, levantáronse outras catro actas de denuncia por infraccións relacionadas co cumprimento de medidas anticovid. En concreto, foron dúas denuncias por non facer uso da máscara de protección pertinente e outras dúas por transitar entre as 23,00 e as 6,00 horas sen causa xustificada.