Un condutor bótase da vía en Lugo e deixa abandonado o seu coche nunha leira

A Policía Local informa tamén dun atropelo a unha muller septuaxenaria que cruzaba por un paso de peóns e que tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.

O vehículo abandonado nunha leira próxima ao Camiño da Roca, en Lugo | Policía Local

A Policía Local de Lugo informa de varios accidentes de tráfico durante a tarde de onte, 4 de xaneiro. Un deles sucedeu en Camiño de Roca, onde un vehículo se botou da vía por circular a unha velocidade inadecuada nun tramo curvo. O coche precipitouse cara a unha leira próxima e o condutor ausentouse do lugar, deixando alí o turismo abandonado. 

Tras a investigación dos axentes para localizar o titular do coche, este identificou o seu fillo como o condutor naquel momento. Así pois, foi denunciado polas infraccións cometidas e procedeuse á instrucción das dilixencias policiais.

Por outro lado, a Policía Local de Lugo informa dun atropelo a unha muller de 77 anos que cruzaba por un paso de peóns na avenida Infanta Elena. Tivo que ser trasladada nunha ambulancia ata o hospital, presuntamente con fractura de boneca.

Por último, outro accidente de circulación causou danos nun vehículo que estaba estacionado na rúa Montirón.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here