EFE | Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron dúas persoas que pretendían entrar na cidade, procedentes da provincia da Coruña, a pesar de que o municipio permanece pechado perimetralmente por orde das autoridades sanitarias.
Nun dos filtros instalados pola Policía Local para garantir o cumprimento das medidas decretadas pola Xunta de Galicia, os axentes comprobaron que estas dúas persoas non posuían xustificación que lles permitise entrar en Lugo.
Dáse a circunstancia de que o día anterior, o luns 23 de novembro, a Policía Local xa denunciara outras nove persoas por tentar burlar o peche perimetral da cidade. As persoas denunciadas enfróntanse agora a sancións que van desde os 601 ata os 30.000 euros.
FUMAR SEN DISTANCIA
Ademais, a Policía Local denunciou un home por incumprir a Lei de Saúde de Galicia, ao sorprendelo fumando á entrada do HULA “sen manter a distancia de seguridade interpersoal”.