InicioTerra CháCastro de ReiFiscalía pide 9 anos de cárcere para un pai e un fillo...

Fiscalía pide 9 anos de cárcere para un pai e un fillo que crearon unha “empresa familiar” de contrabando de tabaco

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita 9 anos de cárcere para un pai e un fillo acusados de constituír unha “empresa familiar” dedicada ao contrabando de tabaco que operaba en varios puntos da provincia de Lugo, onde vendían a establecementos de hostalaría e tendas 24 horas mercadoría ilegal adquirida en Andorra e Málaga.

Pai e fillo sentarán no banco da Audiencia de Lugo nun xuízo que arrinca o vindeiro xoves 29 de outubro. Ambos enfróntanse a unha petición de 2 anos e seis meses de cárcere por un delito de contrabando, mesma pena que o Ministerio Público reclama polo delito de falsidade documental.

Ademais, tamén están acusados de tráfico de drogas, pois os axentes encargados da investigación deduciron das conversacións telefónicas escoitadas durante o operativo que se dedicaban á venda de estupefacientes como a cocaína e o haxix. De feito, no domicilio de Lugo dos acusados interveuse unha plantación de marihuana, máis de 120 gramos de haxix e case 3 gramos de cocaína, segundo reflicte Fiscalía no seu escrito.

Así as cousas, o Ministerio Público considera que os acusados conformaron unha “empresa familiar” dedicada ao contrabando de tabaco que constituía, antes do ano 2013, o seu único medio de vida.

O tabaco era adquirido en Andorra e Málaga para a súa posterior venda entre establecementos de hostalaría de localidades luguesas como Ribeiras de Lea, Sarria ou a propia capital provincial.

Fiscalía reflicte no seu escrito de acusación que os procesados tiñan unha “ampla caretera de clientes”, cos que empregaban unha “linguaxe velada” para acordar a compravenda dos produtos, que eran almacenados en propiedades de terceiras persoas alleas a estas actividades.

Pai e fillo procuraban transportar sempre mercadoría que non superase os 15.000 euros de valor –unhas sete caixas de cartóns– para así evitar responsabilidade penal. Os beneficios deste negocio ían parar a contas de familiares para, deste xeito, non levantar sospeitas sobre os seus ingresos.

En xullo de 2013, os agora acusados foron identificados por unha patrulla da Garda Civil na A-6 á altura de Guitiriz en dirección Madrid cando portaban no seu coche 2.499 paquetes de tabaco por un valor de 11.320 euros. Parte desta mercadoría era ilegal, froito dunha falsificación ao carecer dos precintos e cartolinas que empregan as tabacaleras desas marcas.

Os investigadores coñeceron, a través das conversacións escoitadas ao intervir o teléfono dos acusados, que provían de tabaco a varios establecementos que visitaban sen previo aviso, polo que Fiscalía deduce que se trataba de prácticas habituais coma se se tratase dunha “empresa familiar”.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...