Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron cinco actas de denuncia durante o fin de semana pasado a locais hostaleiros de Lugo por incumprir o horario de peche –fixado para as 1,00 horas– e a outro por superar o aforamento establecido do 50 por cento.
Así o informou a Policía Local de Lugo, que explicou que o fin de semana do 17 e 18 de outubro o Grupo Operativo Nocturno levou a cabo un novo dispositivo para o control do cumprimento das normas da Consellería de Sanidade como consecuencia da situación derivada da Covid-19.
Os locais denunciados, concretaron as mesmas fontes policiais, sitúanse na Praza de Augas Férreas –dúas deles–, en Campo Castelo –outros dous– e en Bolaño Rivadeneira.
Así mesmo, a Policía Local de Lugo destacou que se denunciou a un local de hostalaría situado na rúa Lavandeira por superar o aforamento establecido do 50 por cento.
Tamén se tramitaron dúas actas a cidadáns que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara e sen atoparse en ningunha das causas de exención contempladas no Real Decreto Lei 21/2020.