InicioSociedadeDetido un sexagenario por tráfico de drogas en Lugo que viaxaba en...

Detido un sexagenario por tráfico de drogas en Lugo que viaxaba en catro turismos ao día para evitar ser seguido

O home chegou a cambiar de domicilio ata en tres ocasións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa saúde pública, detiveron a un sexagenario veciño da cidade con antecedentes por tráfico de drogas e interviñéronlle 300 gramos de cocaína.

Segundo informou a Policía Nacional, as investigacións que se iniciaron hai máis de dous anos tiveron que ser interrompidas en varias ocasións, xa que o agora detido cada vez que sospeitaba que era controlado polas Forzas e Corpos de Seguridade suspendía a súa actividade. As mesmas fontes policiais relataron que o seu ‘modus operandi’ era “o habitual neste tipo de delitos, a base de contactos de curta duración cos compradores e en lugares diferentes”.

“O que tiña de especial era a cantidade de vehículos utilizados, xa que dispuña dunha frota de ata catro turismos que intercambiaba varias veces durante o día para evitar ser seguido, tamén o facía coas vivendas, onde se detectou a utilización do polo menos tres”, destacou a Policía.

Doutra banda, era habitual que antes dunha entrega “realizase un traxecto sen rumbo ou sentido, con diferentes paradas, en aras a comprobar se estaba a ser vixiado e comprobar en contorna”, puntualiza a Policía Nacional.

Finalmente, os axentes detiveron ao home de 60 anos e procederon á intervención de 300 gramos de cocaína, 450 euros e varios blister con pastillas de tranquimazin, ademais duns gramos de marihuana. De todo iso foi informado o xulgado de garda, a cuxa disposición foi posto o actuado.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...