InicioLugo e contornaLugoDetida unha muller por apropiarse de 30.000€ da anciá á que coidaba...

Detida unha muller por apropiarse de 30.000€ da anciá á que coidaba en apenas un mes

Está acusada dun delito de estafa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a unha muller de 42 anos sen antecedentes, nacida en Lima e veciña de Lugo, como presunta autora dun delito de estafa por apropiarse duns 30.000 euros desde agosto dunha persoa maior que a contratou como coidadora.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos foron postos en coñecemento das investigadores grazas ao delegado de Participación Cidadá da Comisaría Provincial da Policía Nacional, con funcións de canalización e ligazón coas entidades, cidadáns e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

ALERTA DO BANCO

As mesmas fontes policiais indicaron que recibiron comunicación do delegado territorial de Seguridade do Banco Santander, quen manifestou a súa inquietude polas retiradas de efectivo de “importantes cantidades” realizadas por unha muller de avanzada idade, clienta da entidade.

O delegado de Participación Cidadá comunicou aos investigadores a situación exposta polo Departamento de Seguridade de Banco Santander. Deste xeito iniciouse unha investigación para o esclarecemento dos feitos e solicitouse, a través de oficio, identidade da persoa que puidese ser vítima dalgún tipo delincuencial.

Froito destas investigacións comprobouse como se retiraron entre as dúas entidades bancarias utilizadas case 30.000 euros desde o mes de agosto. A Policía destacou que foi nesta data cando a muller coñeceu á que agora estaba contratada como coidadora e foi detida pola presunta estafa. Á arrestada pagáballe 1.500 euros ao mes polo seu coidado e atención.

A agora imputada acompañaba á muller ao banco a realizar as retiradas de efectivo para, segundo ela, realizar compras para a casa, pero gardaba sempre o diñeiro a titular da conta, “pero posteriormente tería acceso sen problema a detida”, matizou a Policía. De todo iso foi informado o xulgado de garda, ao que foi remitido o actuado por parte da Policía Nacional.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...