InicioSucesosTres detidos por agredir e roubar a un menor en Lugo seguen...

Tres detidos por agredir e roubar a un menor en Lugo seguen en comisaría á espera de pasar a disposición xudicial

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tres detidos maiores de idade en relación á agresión e o roubo a un menor en Lugo na noite do sábado permanecen en comisaría á espera de pasar a disposición xudicial nas próximas horas.

Así o confirmaron a Europa Press fontes policiais, que indicaron que a Policía Nacional “está a terminar o atestado” en relación a estes feitos e está previsto que este luns pasen a disposición xudicial os detidos no xulgado de garda.

Axentes da Policía Nacional e da Local despregaron na noite do sábado un operativo na zona de Campo Castelo que se saldou coa detención de catro persoas, dous homes e dúas mulleres –unha delas, menor–, por supostamente agredir e roubar a outro menor, de 17 anos, que precisou ser trasladado ao hospital.

Os catro apresados son persoas novas e delincuentes habituais, segundo indicaron fontes próximas ao operativo. Precisamente, algún deles contaba con algunha reclamación xudicial.

Os feitos ocorreron pasadas as 22,30 horas do sábado nunha zona bastante concorrida do centro de Lugo. Os catro presuntos responsables escondéronse nun piso próximo ao lugar tras ameazar, agredir e roubar diversos efectos persoais ao menor. Desde o edificio, lanzaron á rúa diferentes obxectos como botellas. No lugar personaronse patrullas da Policía Nacional e a Local, que cercaron a vivenda ata que conseguiron entrar e detelos.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...