InicioSucesosOs accidentes de tractor, un problema "grave" na provincia de Lugo ...

Os accidentes de tractor, un problema “grave” na provincia de Lugo tras tres mortes en menos dun mes

O xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, destaca que hai un parque móbil moi envellecido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, recoñeceu que os accidentes con tractores en provincias como a de Lugo son realmente un “problema grave”, como o demostra o feito de que tres persoas falecesen en menos dun mes en sinistros deste tipo, que de ningún modo “pode tomarse á lixeira”.

En declaracións a EFE, precisou que hai dous tipos de accidentes con tractores implicados, os que se producen nas propias terras de labranza e aqueles que teñen lugar en estradas, camiños ou vías urbanas, en definitiva en “tramos abertos á circulación”, cuxa seguridade depende da Dirección Xeral de Tráfico ou dos concellos.

En calquera caso, precisou as causas destes sinistros teñen orixes comúns, como é o caso de que existe un “parque móbil moi envellecido”, con máquinas que carecen dunha “estrutura de seguridade” que protexa aos usuarios en caso de envorco, porque son vehículos “algúns con máis de corenta anos” que, “serven para labrar, pero quedáronse moi atrás en materia de seguridade”,

“Non teñen gaiola ou arco de protección para protexer ao usuario en caso de envorco, de modo que cando se produce un accidente”, o risco de “esmagamento” é moi elevado e, consecuentemente, “de falecemento ou de padecer lesións moi graves”. Para tratar de evitar este tipo de sinistros, os usuarios deben “extremar a precaución, porque en ocasións os accidentes prodúcense por un exceso de confianza, cunha máquina que ten un centro de gravidade alto, que pesa moitas toneladas e que, a pesar de resultar eficiente para cultivar, está obsoleto en materia de seguridade”.

Por último, destacou tamén a importancia de que os condutores sexan conscientes tamén das súas “propias condicións” á hora de subirse ao tractor, porque “coa idade vanse perdendo reflexos”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...