Morre unha muller nun accidente de tractor en Palas de Rei

Tractor realizando unha roza forestal nun monte / EP

Unha muller faleceu na tarde do xoves nun accidente que tivo lugar en Palas de Rei tras envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapada pola maquinaria agrícola.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 20,00 horas deste xoves o servizo de emerxencias tivo coñecemento dun accidente mortal cunha máquina agrícola implicada. En concreto, tratouse dun tractor que envorcou no lugar de Merlán e a súa condutora quedou atrapada, polo que foron mobilizados os Bombeiros de Chantada, xunto con membros do GES de Monterroso. Con todo, nada puideron facer por salvar a vida da muller, confirmaron as mesmas fontes.

No operativo tamén interviñeron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here