Denunciados un grupo de mozos en Lugo por facer un botellón sen máscara e sen distancia social

Mozos realizan un botellón nun parque / EFE

A Policía Local de Lugo denunciou esta noite a cinco mozos por infracción de medidas para a prevención da COVID-19 ao sorprendelos realizando un botellón, actividade non permitida, e sen levar máscaras de protección.

Segundo informou o corpo, os axentes realizaban esta noite un operativo de control das medidas impostas cando identificaron a cinco rapaces que realizaban un botellón no Parque de Marcos Cela e que, ademais, non levaban máscara de protección.

A maiores, un dos mozos foi tamén denunciado por unha infracción á Ordenanza de Protección Ambiental, ao deixar vasos que contiñan unha mestura de bebida alcohólica na varanda de madeira das escalinatas que comunican o parque coa rúa Santiago, así como por desobedecer aos axentes da autoridade.