InicioSucesosEvacuadas dúas persoas por inhalación de fume tras declararse un incendio nun...

Evacuadas dúas persoas por inhalación de fume tras declararse un incendio nun piso en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio declarado nun piso en Lugo, no que ardeu un sofá, saldouse con dúas persoas trasladadas ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

Segundo informou o 112 Galicia, este incendio orixinouse nunha vivenda dun inmoble situado na Rúa Chantada, en Lugo, sobre as 00,30 horas deste xoves.

Unha persoa particular alertou de que vía saír moito fume no patio de luces do edificio. A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Lugo, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

ÚLTIMAS

Controlado o incendio da Fonsagrada, que afecta a 65 hectáreas

Un incendio permanece activo no concello lugués da Fonsagrada, onde ata o momento arderon un...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...