InicioSucesosSeis persoas denunciadas por non levar máscara, unha ouriñaba na rúa e...

Seis persoas denunciadas por non levar máscara, unha ouriñaba na rúa e dúas bebían alcol

As intervencións que acabaron en denuncia por non usar máscara leváronse a cabo nas rúas Tui, Alexandre Bóveda e Rúa das Fontes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou seis actas de denuncia por incumprir a obrigación de uso de máscara, unha delas a un individuo que ouriñaba na vía pública e dúas que consumían alcol e gritaban na rúa pasada a medianoite.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, as intervencións que acabaron en denuncia por non usar máscara leváronse a cabo nas rúas Tui, Alexandre Bóveda e Rúa das Fontes.

Un dos denunciados tamén o foi por infracción á Lei de Residuos de Galicia, puntualizaron as mesmas fontes municipais, “por miccionar en vía pública”.

Ademais, outros dous foron denunciados por infracción á Lei de Protección de Seguridade Cidadá, posto que se estaban ás 00,15 horas, subliñou a Policía Local, “gritando na vía pública, consumindo alcol e rompendo vasos de cristal contra o pavimento ante a presenza policial”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...