InicioSucesosA Policía Nacional avisa de intentos de estafa telefónica con persoas que...

A Policía Nacional avisa de intentos de estafa telefónica con persoas que simulan ser empregados de Microsoft

"Noutras ocasións conseguen facerse cos datos bancarios do usuario, baleirándolle a conta bancaria en poucos minutos", subliña a Policía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo avisa do intento de estafa telefónica de individuos que se fan pasar por empregados de Microsoft e outras compañías tecnolóxicas para obter datos que poidan chegar a servirlles para estafar ao usuario do teléfono ao que chaman.

Segundo informou a Comisaría de Lugo, a Policía tivo coñecemento de que nos últimos días ·están a recibirse chamadas a teléfonos fixos da cidade, facéndose pasar por empregados do soporte técnico dunha compañía tecnolóxica, Microsoft principalmente”.

As mesmas fontes relataron que, despois de preguntar se se é usuario dun computador, “alegan a existencia dun problema técnico irreal e, tras o emprego de diversas técnicas de persuasión, terminan conseguindo tanto contrasinais como determinada información persoal”.

A Policía sinalou que en determinados casos logran “facerse co control remoto do computador para, posteriormente, extorsionar ao seu propietario, esixíndolle o abono dunha determinada cantidade de diñeiro para poder liberar o control do seu dispositivo”.

Do mesmo xeito, “noutras ocasións conseguen facerse cos datos bancarios do usuario, baleirándolle a conta bancaria en poucos minutos”, subliña a Policía.

Por iso, por parte da Policía Nacional lémbrase que “non se deben facilitar datos de carácter persoal a quen non se coñeza” e, advirte, “moito menos datos bancarios, así como tampouco deben abrirse arquivos adxuntos sospeitosos nin facer ‘clic’ en vínculos inusuais procedentes de correos electrónicos e mensaxes descoñecidas”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...