Unha patrulla soprende a un conductor borracho circulando en sentido contrario fronte a Comandancia da Garda Civil

Outro foi multado por quintuplicar a taxa de alcol.

Probas de alcol en sangue realizado cun alcolímetro / Garda Civil

Un condutor con síntomas evidentes de ir borracho foi sorprendido por unha patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil cando circulaba en sentido contrario pola Praza de Bretaña, fronte á propia Comandancia de Lugo.

Os axentes déronlle o alto e, inmediatamente, decatáronse de que o condutor presentaba síntomas evidentes de atoparse baixo os efectos de alcol, polo que alertaron de inmediato á Policía Local, que desprazou ao lugar a unha patrulla de Atestados.

Con todo, o condutor negouse en todo momento a ser sometido á proba de alcoholemia, de modo que foi denunciado por dous delitos contra a seguridade viaria, por conducir baixo os efectos do alcol e por negarse a ser sometido á correspondente de alcoholemia. Os feitos sucederon o domingo, día 26 de xullo, sobre as 06:40 horas.

Outro condutor foi sorprendido o domingo de madrugada por axentes da Policía Local cando circulaba pola rua Castro Gil con síntomas de consumir unha gran cantidade de alcol. Ao ser sometido á proba de alcoholemia, deu unha taxa de 1,12 miligramos de alcol por litro de aire expirado, case cinco veces máis do permitido.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here