Malla nun home para roubalo e acaba mallado tras tirar a unha muller na súa fuxida

O autor do roubo veuse envolto nunha liorta cos familiares da muller tras tropezar con ela mentres fuxía do lugar.

Policía Nacional.

Un home asaltou o luns a outro en Lugo, ao que deu unha malleira para roubarlle diñeiro e dous móbiles. Tras iso, fuxiu á carreira, pero tropezou cunha muller, o que motivou que se vise envolvido nunha liorta.

Por estes feitos foron detidos pola Policía Nacional un veciño de Lugo de 48 anos por un roubo con violencia e outro de 24 anos por ameazas e lesións –implicado na pelexa–. Ambos contan con antecedentes.

DESPOIS DO ROUBO, PELEXA

O cidadán solicitou axuda ao 061 tras ser vítima dun roubo na zona da Milagrosa. Así, unha patrulla desprázase á zona e tivo que intervir para parar unha disputa.

O autor do roubo tropezara cunha muller tras cometer o roubo, o que provocou que fose recriminado por familiares da muller e se iniciara unha pelexa.

Na pelexa utilizáronse un bastón con punta metálica, unha táboa de madeira con cravos e un obxecto de madeira tipo bate. Un dos implicados necesitou oito puntos de sutura na cabeza.

Así mesmo, ao detido por roubo con violencia tamén se lle imputa outro delito de lesións relacionado cunha pelexa no centro da cidade a semana pasada.