Investigados tres veciños de Castroverde por apropiación indebida de maquinaria agrícola

Ocultaban supostamente unha máquina encintadora nunha nave da súa propiedade, segundo indica a Garda Civil.

Axente de Garda Civil | AXM

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a tres veciños de Castroverde de 44, 29 e 28 anos de idade como presuntos autores dos delitos de apropiación indebida de maquinaria agrícola, dous deles por estafa.

Así o informou o Instituto Armado, que relatou que os feitos delituosos tiveron lugar o pasado mes de xuño, cando se tivo coñecemento de que unha das persoas agora investigadas supostamente ocultaba unha máquina agrícola ‘encintadora’ nunha nave da súa propiedade no termo municipal de Castroverde.

No marco desta investigación impútanse en calidade de investigadas a outras dúas persoas supostamente implicadas nos feitos delituosos. As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial, segundo indicou a Benemérita.