InicioSucesosAtopan o veciño de 90 anos desaparecido desde o venres en Vilalba

Atopan o veciño de 90 anos desaparecido desde o venres en Vilalba

Atopárono nunha cuneta, próximo ao seu domicilio, e con algúns golpes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño, duns 90 anos, que faltaba do seu domicilio desde a tarde deste venres foi localizado polos servizos de Emerxencias.

O ancián apareceu sobre as 11,30 horas, con algúns golpes, nunha cuneta e moi próximo ao seu domicilio, na parroquia de Rebordaos. Posteriormente, foi trasladado ao momento de Atención Continuada do Centro de Saúde para someterse a un recoñecemento médico.

A desaparición foi denunciada durante esta madrugada. O 112 Galicia recibiu o aviso da Garda Civil para solicitar a colaboración doutros equipos de intervención, como as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Vilalba e doutros concellos lindeiros como Xermade e Guitiriz.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...