InicioLugo e contornaLugoDetidas varias persoas no Carqueixo, en Lugo, nun operativo contra bandas organizadas

Detidas varias persoas no Carqueixo, en Lugo, nun operativo contra bandas organizadas

Foron detidas 14 persoas integradas en bandas que se dedicaban a roubos con forza en Galicia e Castela e León.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 14 persoas integradas en bandas que se dedicaban a roubos con forza en Galicia e Castela e León foron detidas nunha operación conxunta da Policía Nacional e a Garda Civil. Varias delas foron detidas no poboado do Carqueixo, en Lugo.

Segundo informaron ambos os corpos nunha nota de prensa este mércores, a estas persoas atribúenselles 100 delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica. Os detidos son de varias nacionalidades, tanto española como estranxeiras e crese que formaban tres grupos criminais, con algún dos membros integrado en máis dun.

Un dos grupos é o responsable, segundo os axentes, de varios roubos en domicilios, para os que adoitaban usar a violencia. Estaba liderado por un home colombiano asentado en Lalín, que era o responsable de marcar as vivendas para posteriormente asaltalas, co obxectivo de obter diñeiro en metálico e xoias.

Outro dos grupos dedicábase aos roubos con forza en naves industriais e establecementos de hostalaría e estaba asentado na cidade de Lugo. Os seus membros roubaban vehículos, xeralmente das marcas Seat, Audi ou Volkswagen, e utilizábanos nas aluaxes ou para trasladarse ás naves nas que querían roubar.

Nalgún caso subtraeron tamén camións das propias empresas para transportar a mercadoría roubada. Os vehículos adoitaban aparecer posteriormente calcinados ou moi danados.

O valor do subtraído, sobre todo cobre e diñeiro das máquinas de recadación, supera os 200.000 euros. Entre os delitos resoltos hai varios asaltos a domicilios de empresarios da comarca do Deza e a naves e establecementos das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e Pontebora (Pontevedra).

A investigación permitiu recuperar varios vehículos e un camión cun contido de 4.000 quilos de cobre. En total, os detidos roubaron 84.842 euros en efectivo e xoias por 74.240 euros, ademais de bovinas de cobre por uns 200.000 euros. Subtraeron 39 vehículos, recuperados na súa maioría con danos graves.

DIÑEIRO E OBXECTOS INCAUTADOS

A operación permitiu que se realizasen este martes cinco rexistros en domicilios en catro vivendas dos supostos autores dos roubos e nunha do poboado do Carqueixo, en Lugo, onde se practicaron cinco detencións e os axentes incautáronse de dúas armas longas, cartuchos, ferramentas para os roubos, pezas de vestir froito dos delitos, unha central para desbloquear os vehículos roubados, documentación, 1.300 euros en metálico, 370 gramos de cocaína e 124 gramos de marihuana.

Os detidos pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol e do Xulgado de Instrución número 1 de Lalín.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...