InicioSucesosUn condutor sae ileso tras envorcar o seu camión nun aparatoso accidente...

Un condutor sae ileso tras envorcar o seu camión nun aparatoso accidente en Lugo

Ocorreu na N-540, xunto a ligazón coa autovía A-54 a Santiago de Compostela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O condutor dun camión resultou ileso esta mañá nun aparatoso accidente de circulación que se produciu na estrada N-540 ao seu paso polo municipio de Lugo. Alí, o vehículo botouse da vía e envorcou.

Segundo informaron a EFE fontes dos servizos de emerxencias, o accidente produciuse ás 07:45 horas, no quilómetro 3,800 da estrada Nacional 540, nas inmediacións da ligazón coa autovía A-54, que comunica Lugo con Santiago de Compostela.

Por causas que aínda se descoñecen, o condutor perdeu o control do camión, que acabou por saírse da vía e envorcar, fóra do asfalto.

Para auxiliar a vítima, o 112 mobilizou ao 061, pero o condutor non necesitou atención sanitaria. Tamén foron mobilizados os Bombeiros de Lugo, a agrupación de voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...