Evacuado en helicóptero un home tras ser mordido por unha serpe nun roteiro polos Ancares

(Arquivo) Helicóptero medicalizado | Sergas
(Arquivo) Helicóptero medicalizado | Sergas

Os servizos de emerxencias despregaron na tarde deste sábado un dispositivo de rescate para un home que sufriu unha mordedura de serpe cando realizaba unha ruta a pé polos Ancares, na provincia de Lugo.

O home tivo que ser trasladado en helicóptero a un centro hospitalario, segundo informa o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso ao redor das 18,00 horas deste sábado.

O ferido realizaba a ruta que une o Piornedo e o Mustallar e, no momento da mordedura do réptil, atopábase nunha zona de difícil acceso, en punto de alta de montaña e lonxe de acceso directo por terra.

Por tanto, o 112 decidiu mobilizar o helicóptero con base en Ourense, que tomou terra nunha área próxima ao ferido e procedeu á súa evacuación a un centro hospitalario.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here