InicioSucesosDenuncian un veciño de Córdoba que viaxou ata Lugo sen xustificación

Denuncian un veciño de Córdoba que viaxou ata Lugo sen xustificación

Enfróntase a unha sanción de 601 a 30.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou un veciño de Córdoba por non xustificar a súa presenza na capital luguesa durante o estado de alarma ao estar restrinxidos os desprazamentos entre comunidades.

Segundo informou a Policía Local, este home foi identificado o marco dos dispositivos de seguridade para velar polo cumprimento das limitacións sobre circulación de persoas e vehículos.

En concreto, os axentes tramitaron acta por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá a un home, con residencia na cidade de Córdoba, sorprendido na Praza de Santo Domingo de Lugo ás 3,00 horas “sen xustificar o desprazamento desde a comunidade autónoma de Andalucía á de Galicia”.

Por iso, foi proposta unha sanción de 601 a 30.000 euros para este home pola súa presenza inxustificada na cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...