InicioSucesosDúas persoas necesitan atención médica tras unha fuga de gas nunha casa...

Dúas persoas necesitan atención médica tras unha fuga de gas nunha casa de Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha fuga de gas nunha vivenda de Vilalba provocou que os inquilinos do inmoble necesitasen asistencia médica no lugar, aínda que non tiveron que ser trasladados.

Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 16:30 horas os bombeiros dirixíronse ao domicilio do lugar de Vilamartín, onde comprobaron que había un mando da vivenda que estaba aberto.  Alí, cortaron a subministración, airearon o domicilio e bloquearon a enerxía eléctrica para evitar máis problemas.

O operativo activouse tras recibir o 112 Galicia a chamada dun veciño que solicitaba asistencia médica urxente, posto que dentro da casa había persoas dependentes. Tamén foi necesaria a colaboración dos axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....