InicioSucesosDetido tras fuxir dun control policial a 200km/h e circular coas luces...

Detido tras fuxir dun control policial a 200km/h e circular coas luces apagadas en Guitiriz

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un mozo de Guitiz, de 20 anos e sen antecedentes, como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico tras fuxir de axentes e alcanzar 200 quilómetros por hora pola autovía A-6 e apagar as luces para evitar ser seguido.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron o pasado 3 de xuño de madrugada, cando indicativos policiais que traballaban de noite na zona do polígono de O Ceao observaron un vehículo, Seat Ibiza, que realizaba “manobras antirreglamentarias” e circulaba polas rotondas “a unha velocidade excesiva, pondo en perigo ao resto dos usuarios da vía”.

FUGA POLA AUTOVÍA

Por este motivo, os axentes procederon a dar o alto ao condutor do turismo quen, de forma inmediata, emprendeu a fuxida en dirección á autovía, incorporándose á mesma en dirección A Coruña”, relataron as mesmas fontes policiais, que subliñaron que nesta persecución alcanzáronse “velocidades próximas aos 200 quilómetros por hora“.

Durante a fuxida, o vehículo abandonou a autovía e reincorporouse en dúas ocasións, ata que finalmente saíu dela e colleu unha estrada local, pero “coas luces apagadas e a baixa visibilidade pola néboa existente se lle perdera de vista”, sinalou a Policía.

Con todo iso os axentes encargados da investigación de delitos contra as persoas iniciaron as pescudas para coñecer a titularidade do vehículo e a verificación de que o día de autos era conducido pola mesma persoa, “o cal se conclúe tras unha minuciosa investigación”, sostivo a Policía.

Todo iso, levou á detención do condutor o pasado venres, quen, despois de prestar declaración na Comisaría da rúa Chantada, quedou en liberdade á espera de xuízo. De todo iso foi informada a autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...